About The Book

A esmorga (1959) é a primeira novela de Eduardo Blanco Amor; publicada en plena madurez, é un clásico da literatura galega. Iníciase a obra cunha “documentación” onde o autor explica, empregando a primeira persoa, como chegou a obte-la información do que se relata a continuación: os sucesos ocorridos durante un día de esmorga ao Castizo, ao Bocas e ao Milhomes.